Hoxe, 17 de maio, é o día das letras galegas. O meu
blog adoita estar en castelán, pero hoxe, paréceme unha boa ocasión para que
estea escrito en galego.
Nesta entrada vou a mostrar o diario que fixen no meu viaxe a
Bilbao.
¡Espero que vos guste!
8 de abril
Abandonamos
Vigo moi cedo coa ilusión de comenzar unha excursión emocionante xunto cos meus
amigos e compañeiros. Despois de estar viaxando durante varias horas, paramos a
xantar nun merendeiro preto do Canal de Castilla, feito que aproveitaron os
nosos profesores para amosarnos dito Canal e explicarnos a súa función a través
da historia ata a actualidade. Cocebido inicialmente para a navegación
comercial e transporte de mercadorías (trigo, fariga e medeira), así como de
pasaxeiros, hoxe en día adicase únicamente para o regadío.
Tras esta breve
parada, continuamos cara Frómista, Palencia, onde visitamos a Igrexa de Santa
María del Castillo, disfrutando dun espectáculo de luz e son increíble e moi
diferente ao habitual. A continuación, tivemos
o pracer de contar cun guía que nos explicou, na igrexa románica de San Martín
de Frómista, a súa historia, os cambios da fachada que experimentou, e a temática
dos capiteis que adornan alguna das moitas columnas que compoñen a súa
estructura.
Cando
rematamos estas dúas visitas, dirixímonos finalmente a Bilbao. Unha vez que
chegamos, fomos ao hostel onde iámonos hospedar, situado na zona vella da
cidade. Rápidamente fixemos o reparto
das habitacións para aproveitar o tempo libre que tiñamos ata as doce da noite,
realizando a primeira toma de contacto ca cidade onde nos atopábamos.
Finalmente cenamos tranquilamente, pensando nas diversas actividades das que dirfrutaríamos
os vindeiros días.
Sobre as nove da mañá, almorzamos
todos xuntos, para saír pouco despois a dar un paseo pola cidade, observando as
pontes que a comunican e antendendo as explicacións dos profesores sobre os
seus particulares estilos, xa que cada unha está feita por un arquitecto
diferente. Unha das máis emblemáticas é a ponte Zubizuri, diseñada por Santiago
Calatrava. Tamén puidemos ver as torres Isozaki, que pretenden formar un
conxunto diversificado e diferenciador con respecto ás vivendas masificadas
habituáis. Estas torres fixéronnme lembrar a viaxe que fixera coa miña familia
anos atrás a Bilbao, a un piso que tiña un amigo dos meus pais nunha delas. Ao
medio día, coñecimos o museo Guggenheim a través dunha audio guía, dividíndonos
en grupos e disfrutando libremente das zonas que máis nos gustaban.
Cando rematamos o percorrido, xantamos
nun centro comercial que estaba moi cerca do museo. Despois, aproveitando o bo
tempo, camiñamos ata a Alhóndica, un antigo almacén de viño convertido nun
centro cultural, composto por diversas zonas de ocio como unha piscina, unha biblioteca,
un ximnasio… Na Alhóndiga destacan 43 columnas de diferentes estilos no seu
interior. Alí tivemos que escoller unha delas e sacarnos unha foto. A miña elección non tivo dúbida, xa que a columna que escollín foi
porque para mín, se asemellaba as da antiga grecia, cultura que dende sempre me
chamou moito a atención, sobre todo a súa arquitectura.
Por último, un autobús levounos
ata a ponte colgante de Portugalete, na cidade de Bizkaia. É a primeira ponte
con transbordador colgante do mundo e existen dúas formas de crúzalo; no
transbordador, ou ben a pé pola pasarela. Esta ponte separa Getxo de Portugalete,
dous barrios moi diferentes. Cando algúns dos meu compañeiros montaron no
ascensor para atravesar a ponte a pé, sorprendeulles una raio que provocou que
o ascensor se detivese. Tanto as persoas que estaban dentro, como as que
permaneceron na pasarela, estiveron baixo a chuvia preto dunha hora, ata que
lograron poñer de novo en marcha o ascensor.
Finalmente regresamos ao hostel para
cenar e recuperarnos do susto, apoiando aos compañeiros que estaban máis
afectados.
10 de abril
Tras almorzar, como todos os días,
partimos cara o Geoparkea, onde nos dividimos en dous grupos. No que me eu me
atopaba, comenzou facendo a Ruta do Flysch en barco. Nel, disfrutamos das
magníficas vistas, mentras unha guía ía contándonos a historia do lugar e os
cambios que sufrira o biotopo e a biocenose do mesmo. Posteriormente fixemos
unha visita paisaxística-xeolóxica na Praia de Zumaia, onde a guía nos mostrou
in situ, toda a información que nos transmitirá anteriormente no barco, como a
formación dalgunhas rochas, cuxos estratos inclúen a pegada do meteorito, que
supuestamente, fixo desaparecer aos dinosaurios. Esta praia conta con dous
Cravos Dourados (Golden spikes) o que significa que a zona na que éstes se
atopan, teñen unhas condicións xeolóxicas especiais e moi ben definidas. Estes
cravos tamén adoitan definir un límite xeocronolóxico dunha maneira precisa.
Esta visita foi a que máis me gustou de todas.
Unha vez que rematamos este
percorrido, tivemos que agardar un pouco a que parase a choiva e nos dirixímos
a Bermeo, onde se atopa a árbore de Guernica (na Casa de Juntas), simbolo das
liberdades tradicionais de Vizcaia e dos vizcaínos, e por extensión as dos
vascos.
Despois de xantar, coñecimos o
Museo da Minería, onde unha guía nos ilustrou cun vídeo explicativo deste
sector. Ensinounos os luagares onde se atopaban as minas, e finalmente amosounos
as diferentes zonas do museo, onde aprendimos datos e feitos sorprendentes,
como o material que utilizaban para realizar os traballos, os obxectivos que
tiñan que cumprir diariamente, e as condicións de vida dos mineiros.
Para finalizar o día, subimos ata
o mirador de Bilbao, no que apreciamos unhas impresionantes vistas de toda a
cidade. Cando regresamos ao hostel, como era a nosa última noite alí, decidimos
ir a cear fóra e apreciar o ambiente da cidade pola noite.
11 de abril
Ben cedo, tivemos que abandoar o
hostel para poñer rumbo a Burgos, onde recollimos directamente ao noso guía,
que nos levou á increíble catedral gótica desta cidade. Tamén visitamos á Cartuja
de Miraflores, onde o guía nos explicou de forma profunda, pero amena, o seu retablo
e as diversas salas que a compoñen, así coma todos os requisitos que hai que
superar para entrar a formar parte da congregación que a habita.
Posteriormente, deixamos as
maletas no hostal, fixemos o reparto de habitacións e dirixímonos a xantar
rápidamente nun centro comercial que non estaba moi lonxe, xa que tiñamos que
chegar moi cedo ao xacemento de Atapuerca, un dos máis importantes do mundo, e
o lugar onde chegou a replantearse a evolución da nosa especie, aportando unha
nove visión á nosa “árbore familiar”. Todos estes aspectos mereceron a
declaración deste xacemento como Patrimonio Mundial. Tamén realizamos unha
serie de actividades nos obradoiros entre as cales o guía amosounos como se
facía o lume, e os utensilios e diferentes técnicas de caza dos primitivos.
Ao remate deste emocionante día,
esgotados, dirixímonos directamente ao hostal, onde puidemos descansar un rato
antes de que o autobús nos levara ao centro da cidade para cenar.
12 de abril
O último día recollimos as nosas maletas
para poñer fin a viaxe. Polo camino paramos nun dos últimos destinos: O Museo
da Evolución Humana, onde a guía nos ensinou os fósiles e restos, tanto humanos
coma de animais, atopados no xacemento de Atapuerca. Visitamos diferentes
exposicións onde puidemos averguar a idade, a estatura e diferentes
características e enfermidades padecidas polos nosos, antepasados.
Finalizada a visita, e continuando
o noso camiño de volta, visitamos a Vila Romana de La Olmeda, na provincia de
Palencia. Trátase dos restos dunha gran mansión rural. É un dos xacementos
arqueolóxicos máis importantes do mundo romano decorado cuns impresionantes
mosaicos.
Finalizado o percorrido
pola Vila Romana, reanudamos o camiño a Vigo, esgotados pero contentos por todo
o aprendido.
OPINIÓN PERSONAL
Esta viaxe para min foi o
descubrimento de diferentes lugares singulares e increíbles. Aprendín arquitectura en Burgos, admirei paisaxes
increíbles no Pais Vasco, sorprendéronme os nosos orixes e maravilleime cos
restos romanos. Ademáis, a experiencia de convivir cos meus compañeiros foi moi
boa e tiven a oportunidade de coñecer a otros tantos que sin esta viaxe sería
imposible, sen esquecer os momentos, explicacións e a compañía que nos
proporcionaron os profesores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario